O Concello pon en marcha o próximo luns a primeira edición do Ciclo “A Cociña no Cine”

O concello de Ferrol pon en marcha na Biblioteca municipal a primeira edición do Ciclo “A Cociña no Cine”, unha iniciativa na que se proxectarán unha selección de películas elaborada por Pilar Freire nas que a cociña ten un papel destacado.

A primeira sesión será o próximo luns, 14 de outubro, coa proxección da película El festín de Babette, do director Gabriel Axel. O 28 de outubro o ciclo versará sobre o filme Como auga para chocolate, de Alfonso Arau; o día 11 de novembro, será a quenda de Chocolat, de Lasse Hallström; o 25 de novembro se proxectará Frankie & Johnny, dirixida por Garry Marshall; o día 9 de decembro o filme será Yo soy el amor, de Luza Guadagnino e, por último, o 23 de decembro o ciclo centrarase na película Ratatouille, dirixida por Brad Bird.

Todas as sesións celebraranse ás 18 horas na aula audiovisual da Biblioteca, na terceira andar, e a entrada será libre.

Lea también

Rambalaya tendrá su única actuación en Galicia este sábado en el teatro Jofre

La mejor banda de soul de España, Rambalaya, ha escogido el teatro Jofre como el …