O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, pon en marcha o próximo luns, 14 de outubro, unha serie de charlas informativas ás persoas usuarias dos comedores sénior da cidade e que impartirá a Asociación de Diabéticos Ferrolterra. Trátase duna iniciativa dentro do programa de actividades promovidas pola concellería con motivo da celebración do Día das Persoas Maiores, que se conmemoró o pasado 1 de outubro e que, este ano, se prolonga durante todo o mes.
As charlas, todas ás 14 horas, levarán o título Diabetes Tipo 2 ¿Que como?, e en ela os técnicos da entidade darán unha explicación sobre que alimentos e como comelos para mellorar e controlar a enfermidade.
O próximo luns, 14 de outubro serán os usuarios do comedor sénior de Río Xubia os destinatarios da charla. O día 17 os técnicos da asociación estarán no de Canido, o luns 21 en Caranza, o xoves 24 en Esteiro e, por último, o día 28 a charla impartirase no comedor de San Pablo.
Eva Martínez considerou que estas charlas informativas a cargo da Asociación de Diabéticos Ferrolterra darán resposta “ás inquietudes de moitos de nosos maiores que sofren diabetes”. Unha das “prioridades deste equipo de goberno é, con actuacións como esta, mellorar a calidade de vida das persoas de máis idade de nosa cidade”, dixo a concelleira.