(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala venceu na maña deste domingo nun vibrante partido por 4-2 ao Atlético Benavente. Preto do final do primeiro tempo marcaba Héctor un golazo e antes do descanso Martín regatea ao porteiro e dispara fora e logo nunha xogada de estratexia é Cokito quen obriga a facer un paradón a Vara.
Na reanudación puido marcar Jacobo pero o seu disparo desviao o porteiro ao longueiro. Conforme pasaban os minutos os visitantes pasaron a facerse co control do balón, pero entre a defensa e Javichu solventaron as aproximacións visitantes. A máis destacada un riguroso penalti, que o porteiro lle parou fenomenalmente ao ex internacional español Charlie.
Preto do final anotaba Martín un bo tanto de tiro cruzado case sen ángulo e con porteiro xogador Jacobo facía o 3-0. Pero despois do gran partido dos locais, en dous despistes de Héctor recurtaron distancias os de Zamora.
Primeiro nun balón regalado a Malaguti dentro dá área, e despois por querer perder tempo, dende córner pase a Javichu ante o que está moi atento Charlie, e o ex de Lobelle, Ribera Navarra, Levante e Santa Coloma, regatea ao porteiro e a Rober e marca a pracer.
Pero faltando apenas 12 segundos nunha contra Rober sirvelle o balón a Jacobo que anotaba a sentencia, para un Esteo que é quinto con 7 puntos antes de visitar ao equipo asturiano do Boal, moi necesitado, pois aínda non puntuou.
O Esteo: Javichu, Jhony, Troncho, Rober, Noé – Martín, Héctor, Matos, Cokito, Troncho, Dani.
Atlético Benavente: Vara, Dilin, Charlie, Ángel, Malaguti – Sergio, Yayo, David, Alexander.
Goles: 1-0, Héctor (15´). 2-0, Martín (34´), 3-0, Jacobo (35´), 3-1, Malaguti (37´), 3-2, Charlie (39´), 4-2, Jacobo (40´).
Tarxetas: Jhony, Jacobo, Javichu, Martín, Malaguti, Ángel, Yayo. Expulsados Noé, Tomy, Dilin.
Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.