O Concello executa traballos de poda das árbores da praza de Amboage

Instante da poda en Amboage | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Servizos e Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, executaron esta mañá traballos de poda das ramas superiores das árbores sitas na praza de Amboage. A actuación contou cola colaboración da área municipal de Seguridade ao requirir a intervención dos bombeiros e un camión escaleira. Para levar a cabo os traballos, a rúa María permaneceu pechada de 9 a 14 horas entre Méndez Núñez e Arce.

En concreto, os traballos consistiron, por unha banda, na poda das ramas máis altas dos cedros situados na parte norte da praza, que xa rozaban a cuberta dos edificios de rúa María. Por outra, e por motivos de seguridade, retirouse unha rama rota dunha das árbores.

Lamas explicou que os traballos executados polo Concello “supoñen unha actuación máis no marco do empeño no coidado de parques e xardíns” da cidade e “sempre tendo como prioridade a seguridade dos veciños”.

Lea también

Firmado el protocolo de colaboración Xunta-Concello de Ferrol para la construcción de un parque canino en Catabois

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, firmó en la mañana de este sábado …