O Esteo consegue a súa primera victoria a domicilio

Héctor ante o Xove | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran vitoria do Esteo en Trobajo del Camino, o que lle axuda a deixar os postos baixos. Este ano a competición é máis exixente ata con catro descensos. O partido foi de total dominio pontés e marcaron Jacobo (2), Martín (2), Rober, Matos, Jhony e incluso Javichu.

O Esteo xa gañaba 0-3 ao descanso, 0-4 trala reanudación, chegaron a apretar os locais co 2-4, ata que preto do final Rober facía o 2-5, e xa con porteiro xogador os leoneses o tanteo foise ata o 2-8 definitivo. Os de Óscar Vigo son oitavos con catro puntos á espera de recibir ao líder Atlético Benavente.

PUERTAS DEYMA FS. Diego, Pablo, Germán, Corral, Camacho – Guille, Gabri, Miguel, Alejo, Furi.

O ESTEO FS. Javichu, Noé, Jhony, Troncho, Matos – Jacobo, Héctor, Rober, Cokito, Martín, Dani.

GOLES. 0-1, Matos (3´), 0-2, Martín (10´), 0-3, Martín (18´). 0-4, Jacobo (21), 1-4, Camacho (23´), 2-4, Corral (24´), 2-5, Rober (34´), 2-6, Javichu (36´), 2-7, Jacobo (39´), 2-8, Jhony 40´).

TARXETAS: Diego, Guille, Jacobo. Expulsado Germán.

INCIDENCIAS: Pavillón Camino de Santiago. Uns 150 espectadores.

Lea también

El Concello de Ferrol declarará de interés municipal las obras de la ciudad deportiva del Racing

El Racing de Ferrol contará con mayor agilidad a la hora de obtener los permisos …