Mato reitera a súa vontade de “combater a soidade” das persoas maiores e agradécelles a súa experiencia

Ángel Mato repartindo os agasallos no Día das Persoas Maiores | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, participaron hoxe na comida no centro municipal da rúa Río Xubia con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores. Antes de sentarse á mesa puideron gozar da actuación da rondalla Añoranzas e o rexedor puido saudar ao resto de comensais.

Xunto á concelleira e o portavoz do grupo popular, José Manuel Rey Varela, Ángel Mato entregou a todos eles o libro institucional con ilustraciones de lugares da cidade. O alcalde tamén entregou á persoa máis maior de cada un dos cinco comedores sénior da área de Servicios Sociais do Concello -María Elena Torres, Emma López, Alicia Araceli Sanjurjo, Luis Antelo Benítez e José Antonio Sánchez- unha placa conmemorativa de Sargadelos.

O alcalde, en presenza de preto de 40 maiores, reiterou a súa vontade de “combater a soidade” das persoas maiores e agradécelles poder compartir a comida con eles. “A miña intención é”, dixo, “facer fincapié en mellorar a calidade de vida dos nosos maiores” e lembrou á veciña octoxenaria rescatada polos bombeiros que levaba dous días tirada no chan da súa vivenda. O modelo “que defendemos é este, que poidan vostedes compartir a comida con outras persoas”. Mato quixo aproveitar a ocasión para agradecer aos maiores a súa experiencia, “temos moito que aprender de vostedes”.

Pola mañá, os maiores puideron gozar de dúas excursións, unha ao museo da Sociedade Galega de Historia Natural e outra polos xardíns históricos da cidade de Ferrol.

Dúas saídas en bus

As actividades programadas non rematan o día 1 de outubro. O día 5 está programada nha viaxe a Lugo con motivo do San Froilán, onde unha guía levará aos maiores pola cidade para que poidan participar nos actos festivos e visitar a muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade. O día 18 do mesmo mes haberá unha viaxe a Mondoñedo, con motivo de San Lucas, onde poderán visitar a casa museo de Álvaro Cunqueiro. En ambas as saídas, o bus sairá de Correos ás 9 horas e regresará ás 21.30 horas. A concelleira, Eva Martínez, anunciou que ademais deste programa, o Concello está a traballar para levar actividades para maiores á zona rural do Ferrol. Todas estas actividades van dirixidas aos usuarios dos servizos sociais do Concello.

Mellorar hábitos de alimentación

Tamén con motivo da celebración do Día das Persoas Maiores, a Asociación de Diabetes Ferrolterra impartirá no mes de outubro unhas charlas nos comedores sénior sobre a importancia de saber como xantar para levar mellor a diabetes e adquirir bos hábitos de alimentación.

Lea también

Una joven alcanzada por un vehículo en un paso de peatones en A Gándara, Ferrol

Una joven resultó herida minutos antes de las doce del mediodía de esteviernes tras ser …