A Biblioteca municipal de Ferrol acolle o xoves a conferencia “Cambio climático: revolución ou colapso”

A Biblioteca municipal de Ferrol, na praza de España, acolle o próximo xoves, 3 de outubro, ás 19.30 horas, a conferencia Cambio climático: revolución ou colapso no marco do “IV Ciclo de Charlas sobre Divulgación Científica: Imos Contar a Ciencia”.

A cita, na sala Audiovisual do terceiro andar, correrá a cargo do xornalista Xavier Fonseca Blanco, responsable de información meteorolóxica de La Voz de Galicia e director e presentador da sección “Historias del Tiempo”. É licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidade de Extremadura e doutorando en Comunicación, Educación e Cambio Climático no programa de Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética da USC.

Aberto o prazo para os talleres de Disciplina Positiva

O prazo de inscrición para participar nos talleres de Disciplina Positiva na Biblioteca municipal comenza esta semana. Os interesados en participar na actividade dirixida a pais, nais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 3 e 10 anos, poden facer a inscrición a partir de hoxe desde as 9 horas a través exclusivamente da páxina web mediante a solicitude que se habilitará para o mesmo. Entre os seus obxectivos está mostrar ferramentas aplicables á realidade diaria ou entender o comportamento dos fillos. O taller desenvolverase os martes entre o 22 de outubro e o 26 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas.

O segundo taller, neste caso dirixido a nais, pais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 10 e 17 anos, abre o prazo de inscrición o 3 de outubro no mesmo horario que o anterior. As reunións serán os xoves entre o 17 de outubro e o 21 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas e persigue, entre outras obxectivos, entender e conectar cos fillos preadolescentes e adolescentes, obter recursos eficaces e duradeiros e aprender a vivir nun ambiente onde exista responsabilidade, respecto e cooperación deixando espazo á intimidade e liberdade.

Os talleres serán impartidos por Laura Balado, experta en coaching e desenvolvemento e educación emocional.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …