Ferrol presenta a súa candidatura para ser a sede da sétima edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico

María Teresa Deus na reunión do Eixe Atlático | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol acaba de presentar a súa candidatura para ser sede en 2020 da séptima edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, un encontro que reúne cada dous anos a cerca de 300 estudantes das escolas municipais de música e conservatorios das cidades membro durante unha fin de semana chea de música clásica e jazz.

Desde a súa primeira edición en 2008, a Mostra Musical do Eixo Atlántico consolidouse como unha das actividades máis emblemáticas e transversales nas áreas de educación e cultura.

O obxectivo da mostra é o de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando ós músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuir á difusión do gusto pola música de Galicia e do norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico. A anterior edición tivo lugar en maio de 2018 en Vila Real (Portugal), participaron 20 cidades e celebráronse 42 actuacións.

Lea también

Ferrol promociona su oferta turística en la Semana Verde de Galicia, en Silleda

El Concello de Ferrol participa un año más en la Abanca Semana Verde de Galicia, …