O Esteo caeu pola mínima ante o Xove no seu estreo en As Pontes

Héctor ante o Xove | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo debutou este domingo como local ante o Xove, equipo da Mariña ao que nunca se gañou na Segunda B, pois en cinco encontros apenas arañou dous empates, 1-1, 4-4, e tres derrotas, 3-6, 2-4 e 1-2.

No primeiro período adiantaronse os visitantes por medio do goleador Manu Jiménez pero empataron os locais por medio do retornado Noé. Mediado o segundo tempo, nunha contra marcaba Cora de tiro cruzado dende fóra da área.

Tentarono os locais con porteiro xogador pero o marcador non se moveu. Dúas boas ocasións de Jacobo, nunha interviu o porteiro, e outra marchou fora. Tamén os da Mariña puideron sentenciar, pero Héctor sacou un balón baixo paus e noutra ocasión Bruno enviou o balón alto con todo a favor.

O Esteo FS: Javichu, Cokito, Rober, Jacobo, Jhony – Héctor, Martín, Matos, Noé, Troncho, Dani.

Xove FS: Fajardo, Cristian, Carlitos, Manu, Pancho – Mini, Cora, Chema, Souka, Bruno.

Goles: 0-1, Manu (3´), 1-1, Noé (7´). 1-2, Sergio Cora (29´).

Tarxetas: Dani, Héctor, Cokito, Jacobo, Noé, Cristian, Carlitos, Manu, Cora, Chema.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Unos 150 espectadores.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …