Máis de 10.500 persoas pasaron polas oficinas de turismo en xullo e agosto

Un total de 10.635 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ferrol durante os meses de xullo e agosto, segundo os datos das dúas dependencias da cidade, situadas no Porto de Curuxeiras e Praza de España. En concreto, foron 4.140 e 6.495, respectivamente.

Do total, durante o primeiro mes do verán realizaron consultas sobre turismo 2.976 persoas procedentes de outros puntos de España, 914 do estranxeiro e 250 da zona de Ferrol. En agosto, fixérono 4.529 españois, 1.497 estranxeiros e 469 locais. Neste senso, italianos, alemáns, portugueses e franceses son quen máis nos visitaron. Por comunidades, madrileños, andaluces e valencianos.

As mulleres gañan por pouco aos homes en número de visitas, con 2.118 en xullo e 3.259 en agosto. En canto ás idades, a franxa maioritaria en ambos os meses é a de entre 31 e 60 anos, segundo recollen os datos das oficinas de turismo. Dos máis de 10.500 visitantes, ao menos 3.119 pasaron a noite na cidade, máis de 1.400 en xullo e máis de 1.600 en agosto. Pola súa parte, peregrinos foron 1.425 en xullo e 2.040 en agosto.

Por último, entre os principais motivos que traen visitantes á cidade están a nosa riqueza patrimonial, os nosos museos, o roteiro por as Rías Altas, a natureza, as praias, as festas e a gastronomía.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …