
Celtas Cortos subirase mañá ao escenario de Canido para pechar as festas de Ferrol tras os fogos de San Ramón. O concerto comezará ás 23.45 horas e coincidirá, ademais, co segundo día das Meninas.
O Concello viuse na obriga de modificar o cartel a pouco máis de 24 horas do concerto porque un repentino problema de saúde dun dos membros de Siniestro Total faille imposible á banda tocar mañá.
O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, destacou que o goberno local logrou contratar “contra reloxo” un grupo “de gran nivel musical” para que se encargara de poñer o colofón a unhas celebracións que comezaron o venres 23 con Fangoria na praza de España. Golpe destacou a “ampla traxectoria” de Celtas Cortos, que ao largo de máis de trinta anos de carreira compuxeron himnos xeracionais como 20 de abril, Tranquilo, majete ou Cuéntame un cuento.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.