Cinco parques infantís da cidade foron reparados durante o último mes

Parque infantil reparado | Concello de Ferrol

A concellería de Obras e Medio Ambiente, dirixida por a concelleira Ana Lamas, informou de que en menos dun mes realizáronse varias intervencións en parques infantís da cidade que necesitaban reparacións. Entre elas está a reposición da tirolina situada no parque infantil Pablo Iglesias, un dos máis visitados da cidade. Tamén no último mes se reparou a cesta do parque da Cabana, colocáronse dúas novas redes de trepa no parque de Urbis de Canido, instalouse un novo conxunto de trepa no parque infantil da rúa Cartagena, en Caranza, e colocouse de novo o bambán no parque Pedro Carvajal, tamén no barrio de Caranza.

A reparación forma parte do plan de mantemento dos parques infantís que ten contratado o Concello de forma permanente. A concellería informou que os técnicos revisan practicamente a diario os recintos infantís da cidade. Tamén realizaronse outras intervencións menores no último mes.

Ana Lamas mostrou a súa intención de “poñer todos os medios que temos para reparar en pouco tempo aquelas pezas que co paso do tempo se deterioren”. Neste senso, desde a concellería de Servizos e Obras faise un chamamento para que se faga “un uso correcto dos parques infantís de Ferrol” e pide a colaboración para que se informe a Atención Cidadá de danos nestes recintos, a través do teléfono 981 944 000, da dirección de correo electrónico atencioncidada@ferrol.es ou en persoa na planta baixa do pazo municipal.

Reagrupación do servizo

A concellería de Obras e Medio Ambiente acaba de asumir o servizo de mantemento de parques infantís de 8 colexios da cidade, ao igual que xa fai co resto de recintos para nenos da cidade. Unha vez rematado o contrato da empresa encargada a través da concellería de Educación, será agora o contrato dependente do departamento de Ana Lamas o que saque adiante a limpeza, mantemento e reposición de elementos dos parques infantís dos colexios de Ferrol.

En concreto, son os centros escolares Cruceiro de Canido, Esteiro, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, Recimil, Xoán de Filgueira e Almirante Juan de Lángara.

Lea también

Ferrol en Común realiza máis de dez achegas ao Plan Estratéxico de Cultura

Ferrol en Común ven de presentar máis de 10 achegas ao Plan Estratéxico de Cultura, …