O 2 de setembro abrirase o prazo para que as entidades xuvenís soliciten un espazo na Casa da Xuventude

A concellería de Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Cristina Prados, anunciou que o próximo 2 do setembro abrirase o prazo para que as entidades xuvenís da localidade que o desexen soliciten espazo na Casa da Xuventude. O prazo remata o 1 de outubro.

A concellería de Xuventude ten, entre outros obxectivos, fomentar a participación dos mozos e mozas da localidade en todos os ámbitos sociais impulsando o asociacionismo xuvenil como elemento concreto de participación, facilitando para o mesmo as canles, medios e recursos adecuados. Cada ano, o Concello de Ferrol establecerá un prazo de 30 días naturais para presentar solicitudes á Concellería de Xuventude. Cada unha debe acompañarse do proxecto de actuacións e actividades, fotocopia dos estatutos, o CIF da entidade, identificación da persoa que a representa á entidade, o número de rexistro de entidades do Concello e o seguro de responsabilidade civil.

Unha vez avaliado cada proxecto presentado, a área de Xuventude procederá ao reparto de espazos para a participación social na xestión da Casa, que será como máximo por un ano con posibilidade de prórroga, previa solicitude. As entidades que non consigan espazo pasarán a unha lista de espera.

Segundo explicou a concelleira de Xuventude, Cristina Prados, o obxectivo é “dinamizar a Casa da Xuventude con actividades propostas directamente polas entidades e asociacións xuvenís”. A edil amosou a súa vontade de “escoitar todas as demandas desde colectivo”.

As entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de Ferrol.

Lea también

A oficina de atención cidadá de Ferrol, recibiu case 5.000 chamadas en Maio

O concelleiro de Participación Cidadá, Javier Díaz, informou esta semana na comisión da área que …