Aberto o prazo para solicitar a participación no Consello Sectorial de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, abrie o prazo dende o martes 27 para que as entidades que desexen formar parte do Consello Sectorial de Igualdade e Muller poidan presentar a documentación ante o Rexistro municipal. O prazo remata o próximo 13 de setembro.

A área responsable, que dirixe a concelleira Cristina Prados, indicou que o Consello Sectorial de Igualdade e Muller é garante da plena participación das mulleres na vida cidadá, política, económica social e cultural. Son espazos para “o exercicio da democracia participativa e activa”, e supón unha “canle de interlocución entre as mulleres e a Administración local, polo que o seu valor e importancia son inestimables no desenvolvemento da política local”. Deste modo, o Concello facilita a participación de entidades e asociacións da localidade.

A concelleira de Muller, Cristina Prados, explicou que “queremos estar en estreito contacto coas asociacións de mulleres escoitando todas as demandas, suxestións e peticións que les poidan xurdir”. Neste senso, detallou que desde o goberno municipal “hai unha clara aposta pola igualdade e creemos que ten que ser unha prioridade a transversalidade en todas as políticas do Concello”.

As entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de Ferrol.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …