Aberta a inscrición na Volta ás Forcadas, en Valdoviño

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.

Nesta liña, o edil de Deportes, Sergio Saavedra, sinala que a IV Volta ás Forcadas celebrarase o día 22 de setembro, a partir das 11 horas e punto de partida na igrexa de San Pedro de Loira. Permitirá aos participantes descubrir un entorno natural único como é o encoro das Forcadas, considerado xa o segundo mar do municipio.

Nela poderán participar nenos e maiores e, segundo a idade, estas son as categorías, con distancias adaptadas a estas: Pitufos (2014 e posteriores): 100 metros; Prebenxamín (2012-2013): 100 metros; Benxamín (2010-2011): 800 metros; Alevín (2008-2009): 1.200 metros; Infantil (2006-2007): 1.200 metros, Cadete (2002-2005): 2.500 metros; Sénior (1985-2001): 7.800 metros, e Veteranos A (1968-1984): 7.800 metros, e Veteranos B (1967 e anteriores): 7.800 metros. En todo caso, a saída irase realizando de forma escalonada entre as 11 e as 11,30 horas.

A cuota para as categorías sénior é de 4 euros e gratuíta para as restantes. Para anotarse (ata o 19 de setembro incluído), o Concello pon a disposición daveciñanza a seguinte web: www.galitiming.com.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …