A alcaldesa de Narón asinou un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou na mañá deste xoves no Concello un convenio de colaboración con Luis González, en representación da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE). A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, estivo tamén presente na convocatoria, na que se asinou o documento no que figura unha achega económica do Concello á entidade por importe de 5.000 euros.

A alcaldesa recordou que o Consistorio naronés desenvolve desde hai anos programas de respaldo ao autoemprego, no marco das competencias da citada administración, e destacou a importancia de manter o compromiso de colaboración con AJE para continuar traballando nesta área. Entre os proxectos máis recientes realizados con esta asociación está o Minimarket 2019, no que participaron tres centros educativos do municipio (o IES Terra de Trasancos, o CPR Ayala e o CPR Jorge Juan) e a través do que se levaron a cabo varios obradoiros de marketing, creatividade, experiencias emprendedoras…

O presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal valorou a colaboración do Concello de Narón ao remate do acto. Así mesmo a alcaldesa destacou o traballo que realiza a entidade na cidade e comarca e comprometeu o respaldo do goberno local a iniciativas encamiñadas a apoiar o emprendemento en particular e o sector empresarial en xeral.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …