Mugardos celebrará este sábado a terceira edición da súa travesía a nado

Puerto Mugardos

A Concellería de Deportes informa de que está aberta a inscrición na terceira edición da Travesía a Nado “Concello de Mugardos”, que se vai desenvolver este sábado, 3 de agosto, a partir das 18.00 horas, con saída desde a praia da Bestarruza. As persoas interesadas poden apuntarse a través da web https://ranckr.com ou ben facelo o mesmo día da proba, de 17.00 a 18.00 horas no posto de socorrismo –a organización deixará 20 prazas para o mesmo día-. O prezo de inscrición é de 3 euros, ou de 5 para quen se apuntara conxuntamente ás travesías de Mugardos e Ares.

As categorías A, B, e C, reservadas para deportistas nados no ano 1988 e anteriores, nos anos 1989 e 1999 e de 2000 a 2005, respectivamente, deberán percorrer unha distancia de 1.000 metros. Na categoría D, para os nados en 2006 e anos posteriores a distancia será de 400 metros. E haberá tamén unha categoría popular, de 100 metros, na que poderán inscribirse participantes de todas as idades e empregar material auxiliar como flotadores, etc.

Todas as persoas participantes recibirán un gorro de agasallo. Os gañadores absolutos –masculino e feminino- recibirán un trofeo, ao igual que o nadador ou nadadora máis nova e a mais lonxeva. Entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría, nas categorías masculina e feminina.

A primeira hora desta mañá había xa 16 inscricións de nadadores e nadadoras de diferentes clubs galegos.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …