Os nenos que participan no campamento de verán que ten lugar na ludoteca da praza de España recibiron esta mañá a visita das concelleiras de Igualdade, Cristina Prados, e de Benestar Social, Eva Martínez. As edís puideron acompañar a os pequenos durante uns intres e interesáronse polas actividades que están a desenrolar. Despois, atenderon ás preguntas dos cativos, que mostraron moita curiosidade polas figuras dos cargos públicos.
Desde o departamento municipal de Igualdade destacan o papel que xogan os campamentos á hora de conciliar a vida familiar e laboral, ao tempo que nenas e nenos poden gozar aprendendo valores mediante actividades lúdicas durante as súas vacacións escolares.
Os campamentos do programa Peque Educa, organizados pola Concellería de Igualdade, teñen carácter gratuíto e celébranse desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Neles participan máis de 300 nenos de entre 3 e 13 anos. As prazas ofertadas están distribuídas entre catro quincenas de xullo e agosto e cada familia escolleu unha ou dúas como máximo, as que mellor se adaptaban as súas necesidades. O horario dos campamentos é de 9.30 a 13.30 horas, con posibilidades de recoller e deixar aos nenos desde as 8.30 e ata as 14.30.
A igualdade entre mulleres e homes, entre nenas e nenos é un tema transversal durante a parte lúdica dos campamentos, que se están a realizar na ludoteca da praza de España, na Casa de Xuventude, na Asociación de Veciños Ferrol Vello, no Centro Cívico de Canido, na Asociación de Veciños Santa Mariña, na Asociación de Veciños de Serantes e a na Asociación de Covas. A quenda de agosto contará cos seus campamentos na Casa da Xuventude, no Centro Cívico de Canido, na Asociación de Veciños de Santa Mariña e a Asociación de Veciños Serantes.