Marea de Cabanas denuncia a non convocatoria do pleno ordinario de xullo

Fachada do Concello –

Marea de Cabanas remitiu un comunicado no que sinala que «o alcalde de Cabanas non convocou o Pleno ordinario de xullo que tería que ter lugar este mércores 31 de xullo ás 19.30 h segundo a periodicidade de celebración en meses impares establecida o pasado 29 de xuño».

O portavoz da Marea de Cabanas, Xosé Manuel Pérez Sardiña, resaltou que «a negativa a convocar este pleno ordinario, cando é preceptivo legalmente, implica un grave quebranto ao dereito fundamental de participación na actividade pública municipal tanto da veciñanza como dos edís da Corporación».

Pérez Sardiña considerou que non se debe permitir «este déficit democrático do que é responsable o grupo de goberno de Cabanas composto pola coalición PSOE-BNG-AEC», engadindo que «esta omisión do pleno ordinario é para non dar contas sobre un proceso selectivo de persoal temporal pouco transparente e que o goberno local leva un mes tratando de pechar en falso».

Convida ao goberno local a «reflexionar, abandonar a prepotencia e garantir a diversidade de opinións na corporación», dixo o edil da Marea de Cabanas. Por iso, o voceiro esixe que o alcalde convoque o Pleno ordinario e «paren xa as decisións caciquís».

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …