Máis de 250 canteiráns competirán este domingo no Tríatlon de Menores de Ferrol

Competición da Escola Javier Gómez Noya | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol organiza este domingo unha proba de promoción do deporte base, coa colaboración de Concello, Xunta, Autoridade Portuaria, Policía Local, Protección Civil e a asociación de veciños, na que participarán máis de 250 promesas.

O Tríatlon de Menores de Ferrol celebrarase no porto de Curuxeiras, coa natación desde o peirao da Cortina, o ciclismo pola estrada baixa do porto –e no caso dos cadetes, incluíndo subida pola estrada alta do porto- e carreira a pé polo paseo.

As competicións darán comezo ás 10.00 horas, con distancias adaptadas ás distintas categorías de idade, nunha xornada enmarcada dentro do programa da Federación Española bautizado como ‘Triatlón Divertido’ e que precisamente fai fincapé no valor da diversión por riba da competición.

En Ferrol Vello, o club departamental será o máis numeroso, con máis de 40 deportistas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …