Pablo Pedrosa adxudícase en Lugo unha praza para o campionato galego

Pablo Pedrosa no podio en sub-23 no Triatlón do Miño | Triatlón Ferrol

Pablo Pedrosa finalizou como 22º da xeral no Tríatlon do Miño, co que se fixo cun billete para o campionato galego.
Despois dun gran esforzo no ciclismo, puido entrar como o segundo mellor en categoría sub-23, por detrás do internacional do Triatlón Arteixo Sebastián Rivera.

Pola súa banda, Jose Ferraces colgouse o bronce na categoría de veteranos –como 50º da xeral-, mentres que Juanchi González tivo que abandonar.

A participación ferrolá completárona Marcos Caneiro -65º-, Luis Rilo -68º-, Pablo Sanjurjo -72º-, Borja Catrufo -73º-, Ricardo Fernández -77º-, Manu Pita -82º- e José María Eiroa -93º-.

A maiores, a infantil Lucía Piñón gañou a proba popular cunha ampla vantaxe.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …