A Banda Infantil Sementeira, de Narón participou na IV edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia,

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este domingo a IV edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que preto de 600 músicos novos, de 13 formacións, interpretaron os repertorios elixidos para a ocasión. Entre as agrupacións participantes atópase a Banda Infantil Sementeira, de Narón, única banda da provincia da Coruña seleccionada –a través dun procedemento de sorteo entre as 25 candidatas que se presentaron nesta edición do Festival–.

O certame incluia tamén un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a 27 bandas e conservatorios da comunidade e dirixida por Xabier Oliveira Blanco –director da banda A Lira de Ribadavia–. O encontro foi organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Xunta de Galicia.

Lea también

“N de Narón. A festa das Letras” encherá de actividades a praza da Lectura para homenaxear a Begoña Caamaño

O Concello de Narón presenta unha nova edición de “N de Narón. A festa das …