Ángel Mato defende unha distribución de dedicacións para os concelleiros que atenda a criterios «de proporcionalidade e de lóxica»

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, mantivo esta mañá unha reunión cos voceiros dos grupos socialista, Julián Reina; de Ferrol en Común, Jorge Suárez, e do Bloque Nacionalista Galego, Iván Rivas, para tratar, entre outros asuntos relacionados co pleno de organización do vindeiro xoves, a distribución de dedicacións da corporación municipal de cara ao presente mandato.

Mato trasladoulles o seu desexo de que esa distribución atendese, no caso dos grupos da oposición, a criterios «de proporcionalidade». Nese senso, defendeu como unha cuestión «de xustiza» que o grupo do Partido Popular conte con cinco dedicacións para os seus concelleiros e non con unha soa, como lle propoñían Suárez e Rivas.

O alcalde lembroulles que o PP, ao que a corporación que presidía Suárez lle concedeu tres dedicacións, conseguiu incrementar nas pasadas eleccións municipais o seu número de representantes, de xeito que «non parece razonable», dixo, esixir que a partir de agora se equipare o seu número de dedicacións ao de forzas políticas que obtiveron tres e dous edís, respectivamente. Para Mato, «debese impoñer a lóxica» da mesma forma que sucedeu en Concellos que se atopan en circunstancias similares ao de Ferrol.

Pola súa banda, Julián Reina explicou con posterioridade á reunión, que a proposta do goberno municipal mantén o gasto con respecto ao mandato anterior e que o reparto de dedicacións «é o máis xusto para que a oposición poida ser efectiva». O portavoz socialista detallou ademáis que o documento que se presentará ao pleno rebaixa en dous o número de asesores e inclúe unha proposta económica «moi similar á dos pasados anos».

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …