O Esteo celebrou o seu I Torneo Street Futsal

Os benxamíns de O Esteo e As Pontes na entrega de trofeos | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Xornada de fútbol sala a que se viviu este sábado en As Pontes nas inmediacións do Parque e do Colexio Santa María.

Nun formato de catro contra catro, en pista con tamaño e tempo reducido, dende as dez da mañá ata pasadas as nove da noite, xogaron vinta e sete equipos, distribuidos en cinco categorías.

Tras un total de 77 partidos, o vencedor en Infantil foi o Narón O Freixo, que se impuxo por 4-1 ao As Pontes A. Nos alevíns, triunfo do Eume Deportivo 3-2 ante Narón O Freixo.

No duelo Benxamín que pechou a xornada impúxose As Pontes A 3-2 ao Esteo A, namentres que nos Prebenxamíns nunha final entre equipos do mesmo clube o Narón O Freixo A dirixido polo pontés Vilasuso, gañou 6-4 ao Narón O Freixo B.

Por último, na categoría dos máis novos, biberóns, o As Pontes venceu na quenda de penaltis ao Esteo C, tras rematar o encontro con empate a 4-4.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …