Martín Vilar, Iván Pita, Amador García e Luciano Piñón, campións do III Open de Tenis Concello de Valdoviño

Ganadores del III Open de Tenis | Concello de Valdoviño

O Open de Tenis Concello de Valdoviño disputado no día de onte no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, xa ten gañadores. Así, Martín Vilar proclamouse campión infantil; Iván Pita impúxose na categoría Junior; Amador García, na absoluta, e Luciano Piñón na categoría absoluta nivel 2. De igual xeito, Ainoa Balado resultou subcampiona infantil; Andrea Miranda, subcampiona junior; Néstor Fernández, subcampión absoluto e Fernando Vilar, subcampión absoluto nivel 2.

A proba estivo organizada pola Concellería de Deportes de Valdoviño e a Escola de Tenis Justo al Revés e alcanzaba a súa terceira edición. Na entrega de trofeos participou o alcalde, Alberto González, e o edil de área, Sergio Saavedra, así como o profesor e coordinador do evento, Rubén Justo Fernández.

Lea también

O Parrulo Ferrol pone en marcha una nueva Escuela de Porter@s dirigida por Luis Marimón

O Parrulo Ferrol continúa ampliando su estructura formativa de cara a la temporada 2026-2027 con …