Na mañá do mércores tivo lugar a presentación da festa do Orgullo LGTBI que se celebrará este sábado 1 de xuño na Praza Vella de Ferrol, organizada dende a Concellería de Igualdade. Foi presentada este mediodía no Concello por la concelleira de Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, e tres representantes do colectivo Avante, de Ferrol: Sara Díaz, Xiana González e Ana Amigo.
Os actos arrancan o sábado as 17:00 da tarde, co coloquio con colectivo coa participación da concelleira, a que seguirá, as 18:00 unha charla de Brigitte Vasallo, presentada por Cristy Tojo de Lésbicas Creando. A partires das 21:00 na propia praza, concerto de Las Antonias+Nüca DL Live Set, un DJ da nosa cidade na fin de festa logo do que será a inesquecible actuación de Las Antonias ‘con moitas sorpresas’.
‘Agardamos que se continúe no vindeiro mandato con esta linea de visibilización, de feminismos e de LGTBI nesta cidade que penso que, son realmente, os que pararon moitos gobernos de dereitas tanto no Estado como nos municipios para que se poida continuar nesta linea que é o que a sociedade demanda‘, manifestou Ruiz.