Miriam Casillas aspira a loitar polas medallas no Europeo deste venres

Miriam Casillas adestrando en Holanda | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas disputa este venres o campionato de Europa co obxectivo de meterse na loita polos postos de podio.
Fronte a rivais do nivel de Vendula Frintova, que ocupa actualmente o 11º posto nas Series Mundiais, Melanie Santos ou Annamaria Mazzetti, a triatleta de Badaxoz confía en abrir oco na natación e entrar nun pelotón que se escape no sector de bici porque, a priori, hai moitas mulleres con calidade na carreira.

Creo que tengo una gran oportunidad en este campeonato. Los entrenamientos están yendo bien y llego con confianza de tener el trabajo hecho. Competiré para plasmarlo”, afirma con ambición a internacional do Triatlón Ferrol.

O Europeo celébrase este venres ás 18.00 horas na localidade holandesa de Weert en distancia olímpica de 1.500 metros de natación, case 40 km de ciclismo e 10 km a pé.

A maiores, Miriam Casillas podería ser unha das triatletas elixidas pola selección española para disputar o Europeo de tríatlon por relevos mixtos que terá lugar este domingo.

Lea también

A la venta las entradas para el O Parrulo Ferrol – Barça Atlètic

O Parrulo Ferrol jugará por última vez en la temporada este sábado 4 ante su …