Narón amosa o seu potencial turístico e do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas na feira lusa Expocidades

O Concello de Narón estará presente do 30 de maio ao 2 de xuño na quinta edición da feira Expocidades, que se celebrará en Braga (Portugal), tal e como anunciou a concelleira en funcións de Turismo, Natalia Hermida. A través deste evento, unha mostra turística das cidades do Eixo Atlántico, do que forma parte Narón, promocionarase o turismo de proximidade dende o stand Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, promovendo este sector a través dos programas de cada cidade do Eixo e tamén as comercializadoras (operadores e axencias de viaxe). A entrada a este evento é de balde, tal e como indicaron dende a organización.

Estarán presentes neste evento máis dunha trintena de cidades do Eixo Atlántico, que montarán vinte e cinco stands e que a través desta feira darán a coñecer os seus atractivos entre eles e tamén aos visitantes que se acheguen á Praza da República, donde terá lugar o evento. Os asistentes terán tamén a oportunidade de degustar produtos típicos de cidades que participan nesta nova edición de Expocidades.

No stand de Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas ofrecerase información sobre o potencial turístico do municipio naronés (rutas de sendeirismo, dos muíños, patrimonio, etc.) e tamén a oferta gastronómica e cultural da cidade. Así mesmo, os concellos que forman parte do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas (ademáis de Narón, os de A Capela, Ares, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Cariño, Ortgueira, Pontedeume, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, e Neda) darán tamén a coñecer o seu potencial turístico a través deste stand, dunha superficie duns 30 metros cadrados.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …