O Esteo empata no seu último encontro en terras asturianas

Jacobo ante o Guardo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo despediuse este sábado da competición e fíxoo pola porta grande co empate 4-4 en Boal, co que sumado á derrota do Ventorrillo en Pontevedra os ponteses rematan quintos con 49 puntos.

So quedan por diante dos de Óscar Vigo, Atlético Benavente, Guardo, Tres Cuñados e Cidade de Narón. No partido do sábado en terras asturianas O Esteo foi por diante en todo momento, 0-1, 1-2, e 2-4, con dobletes de Pana e Cokito, pero os locais empataron por tres veces.

De gañar os locais serían os asturianos os que acabarían quintos pero por sorte nos últimos minutos conservaron o marcador, rematando a Liga con 14 vitorias, por 7 empates e 9 derrotas, 130 goles a favor (14 foron virtuais contra o Prone), e 112 en contra.

Anotaron Jacobo, que non puido superar o récord de 28 goles de Martín, Cokito 19, Pana 16, Ayala 11, Alex 10, Rober e Bruno 9, Troncho 5, Héctor 4, Javichu 2, Dani 1 e dous en propia meta.

Mellor clasificación do O Esteo na Segunda B, xa que desde que debutou na 2013-14 foi sucesivamente décimo, décimo, décimo terceiro, oitavo, oitavo, e agora quinto.

Rematan ademais como sétimo equipo de Galicia, só por detrás de O Parrulo Ferrol, Pescados Rubén Burela, Santiago Futsal, Noia Portus Apóstoli, Pizarras Tres Cuñados e Cidade de Narón.

Tamén clasifican directamente, e sen necesidade de invitación, para a Copa de Galicia por terceiro ano consecutivo, ao quedar entre os tres primeiros galegos da Segunda B.

FS BOAL BELLEZA: Rodri, Fredy, Jonás, Santi, Adri – cinco inicial – Alonso, Jesús e Rubén.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Dani – cinco inicial – Bruno, Troncho, Pana, Rober, Jacobo, Cal.

GOLES: 0-1, Cokito (4´), 1-1, Jonás (5´), 1-2, Pana (15´), 2-2, Adri (16´). 2-3, Pana (28´), 2-4, Cokito (32´), 3-4, Adri (33´), 4-4, Jonás (34´).

ÁRBITROS: Sobaler Pesquera, Trueba Fraile, Sanromán Ibáñez (Santander). Amarelas a Alonso, Cokito, Pana. Expulsaron con dobre cartón a Jesús.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Boal. Uns 100 espectadores.

Lea también

El Racing de Ferrol recibe este sábado al CD Eldense

La visita del CD Eldense supone el primero de los puntos de partido reales a …