«Apostaremos polo turismo náutico,que cotiza á alza». (Rey Varela)

O candidato á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, denunciou a falta de políticas activas de emprego do tripartito da parálise- Mareas, os dous PSOEs e BNG-, que dedicou máis tempo a pelexarse que a poñer en marcha políticas activas de emprego e medidas para fomentar o crecemento demográfico.

«Pronto pecharon as portas e xanelas, que prometían ter abertas, estiveron encerrados nos despachados sen escoitar as demandas de emprendedores, comerciantes e hostaleiros, autónomos e os mozos. O tripartito da parálise estes catro anos non tivo política económica nin de emprego. Sen programas de formación, sen talleres de reinserción laboral, sen axudas para o emprendemento”. «Así viviron os pequenos empresarios da nosa cidade, con cero iniciativas do tripartito da parálise condenándoos en moitos casos para pechar os seus negocios. É a política do cero esforzo dun tripartito que nin se ocupou, nin se ocupará de xerar emprego en Ferrol”, advertiu Rey Varela.

Xerar as condicións para a promoción económica e o emprego é un dos eixos do noso proxecto de cidade e a ría e o porto son uns desa motores clave de oportunidades”. Traballaremos desde o Concello de Ferrol buscando o apoio doutras administracións para poñer en marcha iniciativas que xeren emprego. Eliminaremos trabas administrativas para facilitar a apertura de novos negocios, habilitaremos axudas para os comerciantes que consolidaron os seus establecementos e ofreceremos chan industrial grazas ao convenio co Ministerio de Defensa.

Apostaremos polo turismo como unha fonte de ingresos. Quero un Ferrol activo, con novos veciños, novos comercios e locais de hostalería, con empresas que xeren emprego e turistas que fixen Ferrol como primeiro destino vacacional”, afirmou.

«Somos a alternativa real, cun plan estratéxico integrado por medidas que deseñadas polos ferroláns e entre esas medidas atópase o impulso ao deporte náutico (Medida 93 eixo Emprego e crecemento económico)».

Turísmo náutico

«Apostaremos polo turismo náutico que cotiza á alza. Máis de 10.000 embarcacións de recreo recalan na costa galega e permanecen unha media de entre dúas e tres días, o que supón unha importante fonte de ingresos para moitos portos deportivos. Debemos aproveitar o potencial que ten a nosa ría e as nosas praias para impulsar os deportes náuticos, para que Ferrol ocupe o espazo que lle corresponde neste tipo de turismo”.

«Contamos con portos deportivos e colaboraremos coa APFSC para dispoñer de novos puntos de amarre nos pantaláns, abrindo a posibilidade de que nos visiten máis turistas a través da vía marítima. E tamén colaboraremos coa Xunta de Galicia para promocionar a Travesía Náutica Xacobea, aproveitando que o 2021 é ano Xacobeo e que Ferrol é o inicio do roteiro do Camiño Inglés.

Os amantes dos deportes acuáticos teñen as condicións necesarias para practicalos aquí. Desde o wind e o skysurf en Esmelle, ata surf e bodyboard en Doniños e Covas, pasando polo remo, a vela, o padelsurf e o mergullo na ría ademais da pesca deportiva.

Estes deportes poden ser practicados en calquera época do ano, podendo desestacionalizar a oferta turística. “Queremos que Ferrol convértase nun lugar de referencia na náutica recreativa e deportiva da costa atlántica, orgullosos de poder presumir da nosa ría e das nosas praias”.

«Pero para conseguilo necesito o apoio de todos os ferroláns xa que só hai dúas opcións: catros anos máis de parálises do tripartito ou o cambio para que gañemos todos, para que gañe Ferrol”, concluíu o candidato á Alcaldía, José Manuel Rey Varela.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …