O BNG de Ferrol participou no acto poético, político e musical en apoio á candidatura de Iván Rivas

Iván Rivas no acto de apoio a súa candidatura | BNG

O BNG de Ferrol participou hoxe no acto poético-político-musical organizado polos promotores do manifesto de apoio á candidatura encabezada por Iván Rivas, un texto que supera xa as 80 firmas de persoas que non pertencen ao BNG.

Dende o BNG afirman que a pesares «dos constantes atrancos que se están a poñer diante da alternativa política que representan os nacionalistas, queda claro que conta co apoio fundamental das veciñas e veciños que organizaron o acto desta tarde, en representación de diversos colectivos da cidade como activistas ou persoeiros da cultura«.

Unhas persoas que «teñen moi claro que Ferrol precisa as propostas contundentes que presenta o BNG de Ferrol en materias como economía, urbanismo e xestión dos servizos municipais. Porque é hora de que nesta cidade rematemos cos privilexios de administracións públicas como o Ministerio de Defensa ou a Autoridade Portuaria; e empresas como Navantia que non pagan os impostos como facemos os demais«.

É hora de que Ferrol deixe de ser unha cidade incompleta e que non só acometamos o derrubo da muralla do Arsenal, senón que integremos eses espazos privilexiados no tramo urbano da cidade. E é hora tamén de que o diñeiro dos ferroláns, se gaste nos ferroláns a través de investimento público, na rehabilitación urbana e arquitectónica da cidade e deixemos de entregar millóns e millóns de euros a transnacionais que xestionan os servizos principais coma o lixo ou a auga”, afirmou o candidato á alcaldía, Iván Rivas.

O nacionalista incidiu tamén na súa intervención en que a pesar da insistencia «por convencernos de que todos estes temas son imposibles, o certo é que a política consiste en facer posible o imposible e loitar contra as inercias dos “realistas” que nunca serán capaces de transformar a realidade porque a aceptan«.

Lea también

Adjudicada la dirección de obra de la reforma de los campos de fútbol de Caranza

La junta de gobierno local de Ferrol continúa avanzando en las próximas actuaciones, como es …