O Triatlón Ferrol venceu con solvencia no campionato galego de tríatlon contra o reloxo.
Cun equipo saído ao completo da escola local, Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa e Juan Rejas traballaron arreo desde o inicio para basear o seu triunfo na natación máis rápida da xornada.
Despois de ser regulares no ciclismo e na carreira, o cuarteto do Triatlón Ferrol cruzou a meta cun tempo de 1:02:50, máis dun minuto máis rápidos que os segundos.
Na probas escolar, o equipo da Escola Javi Gómez Noya formado por Rubén Morado, Uxío Valiño, Bruno Castro, Diego Carballeira, Hugo Goiriz e Daniel Portomeñe logrou a medalla de bronce.