Onte, sábado 11 de maio, Marea de Ferrol estivo en Esteiro para dar a coñecer as súas propostas políticas á venciñanza do barrio.
Ademais de realizar un reparto entre as viandantes dunha pequena síntese das suas propostas máis destacadas, Bernardo Lorenzo, Lucía Vizoso e Nicasio Malde falaron na Praza do Himno Galego ante todas as persoas que se achegaron ata alí.
Entre outros temas, destacouse a importancia de poñer por diante ás persoas en todas as accións políticas, con propostas como a implementación dunha Renda Mínima Municipal ou a posta en marcha dunha Cociña Municipal «para todos os comedores do Concello que orfreza recursos orientados á soberanía alimentaria«.
Nunca esquece Marea de Ferrol falar da participación como peza fundamental que marcará a súa acción de goberno, «unha participación cidadá imprescindible para construír democracia real, na que os orzamentos participativos con procesos regrados e dotación económica estable sexan base do traballo político«.