“Ferrol de Froles Cuberto” e “Teatro con G” foron presentados no Concello de Ferrol

Xil López, Suso Basterrechea e Pin Patiño na presentación | Concello de Ferrol

Na mañá do martes, o concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea presentaba duas novas edicións de dous eventos que se empezan a convertir en clásicos na cidade, como “Ferrol de Froles Cuberto” e “Teatro con G”.

“Ferrol de Froles Cuberto” terá lugar este venres, ás 10:30 horas, na Praza de España “onde por primeira vez haberá unha carpa”, afirmaba o concelleiro, nun evento “que conta con moitos escolares e docentes”. O seu organizador Xil López, afirmaba que serán catorce centros “cos seus maios, cantigas e danzas”, contando con Pakolas como artista invitado, ademáis de agradecer da instalación da carpa nesta edición “porque das tres anteriores, tan so puidemos facer unha enteira por culpa do tempo.” Non quería esquecerse dos colexios “porque son 1.700 nenos”, querendo destacar a participación do Terra de Ferrol “que nas outras edicións viñan so como público e este ano por primeira vez estarán actuando e leendo o manifesto.”

Noutra banda, mañá, mércores comezará unha nova edición de “Teatro con G”, con función de teatro profesional e teatro escolar “para persoas que crean na lingua, para crear modelos e con orixinalidade e maneiras de expresarse”, afirmaba a súa organizadora Pin Patiño. No estreo “contaremos cunha sesión de teatro profesional dirixida ao público infantil”, con “Nube ao Sol” no Teatro Jofre, en dobre sesión ás 10:00 e as 12:00 horas. Ademáis, grazas a colaboración da Editorial Galaxia “todos os centros de ensino recibirán un lote de libros de “Made in Galicia” para seguir traballando na clase.” Ademáis como novidade este ano “faremos ópera relacionada co teatro, para alumnos de Primaria, polo que é unha forma de introducilo nos escolares.”

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …