O cómico Luis Piedrahita e o músico Xoél López abrirán a programación do mes de abril no Pazo da Cultura de Narón

O monólogo teatral e a música voltarán esta fin de semana ao Pazo da Cultura de Narón da man da compañía Etiqueta Negra, que traerá ao cómico Luis Piedrahita, e de Xoel López, que presentará o seu último disco, Sueños y Pan. Dous artistas galegos protagonizarán a programación cultural de mañá e do sábado no Pazo.

Luís Piedrahita

O monólogo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, do cómico galego Luis Piedrahita, abrirá a programación deste mes de abril no Pazo da Cultura. O show poderá verse mañá, ás 20.30 horas, da man da compañía Etiqueta Negra e o público poderá desfrutar co humor de Piedrahita, centrado nunha filosofía de vida propia e no que a espera e o humor teñen un papel principal.
As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo en venda anticipada de 18 euros no patio de butacas; 16 na platea 1 e 14 na platea 2, se ben o día do espectáculo o prezo será de 20 euros no patio de butacas, 18 na platea 1 e 16 na platea 2.

O músico coruñés Xoel López actuará o sábado, a partir das 20.00 horas e coa decena de temas do seu novo traballo, Sueños y Pan (2017) reivindica o pan para poder soñar e construír un novo espazo. Este disco é o terceiro traballo en solitario de López e o décimo cuarto da súa carreira musical. Entre as cancións combínanse diferentes estilos musicais, froito dunha nova etapa de López, con este disco, último da triloxía en solitario que forman Atlántico e Paramales, dos anos 2012 e 2015 respectivamente. As entradas teñen un prezo de 25 euros para o público xeral e 17,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …