Terra Galega mantivo un encontro con veciños de Doso

As xuntanzas veciñais “Xuntos/as decidimos! Somos barrios e parroquias” impulsadas polo equipo de Terra Galega, tiveron este martes a súa parada na parroquia do Doso.

Ás 20.30 horas, no Local Social do Doso, a candidata de TEGA á Alcaldía de Narón e actual alcaldesa, Marián Ferreiro, estivo conversando coa veciñanza e explicando importantes avances que se fixeron nesta parroquia.

«Durante este mandato as parroquias foron beneficiarias de numerosas melloras. No Doso se inverteron un total de 74.700€ no amaño de pistas . Destacan tamén as melloras na eficiencia enerxética, destináronse 9.000 euros no arranxo de puntos soltos» sinala TEGA nun comunicado.

Este mércores a cita foi as 20.30, no Couto, no seu local social

Lea también

Narón súmase un ano máis ao programa “Vacacións en Paz” para acoller menores saharauís no verán

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) fai un chamamento ás familias de Narón …