O Concello de Narón aprobou o pasado mes de setembro, na pertinente sesión plenaria, unha declaración institucional sobre atención a mulleres con endometriose. O pasado 14 de marzo celebrouse o Día Mundial da Endometriose e, en base aos compromisos adquiridos pola corporación local, e tal e como solicitaron desde a asociación QuerEndo, coincidindo coa última fin de semana de marzo, desde o Consistorio confírmase o respaldo a unha serie de medidas dirixidas ás persoas con esta doenza e tamén aos profesionais sanitarios.
Crear unha unidade disciplinar formada por profesionais sanitarios, establecer unha programación formativa dirixida ao citado persoal desde o Servizo Galego de Saúde; e instar á Xunta a cumprir a moción sobre endometriose aprobada no Parlamento de Galicia no ano 2015 e que facilite mellor acceso aos tratamentos de fertilidade en hospitais públicos ás mulleres con esta doenza son algunhas desas medidas respaldadas pola corporación local. Ao Goberno central solicítaselle convocar un Consello Interterritorial abordando este tema e incluír unha carteira de medicamentos financiada a totalidade de medicamentos subministrados a as mulleres con esta doenza.
Así mesmo, desde o Concello levarase a cabo unha campaña informativa nos centros de ensino, para mozas e mozos de 12 a 18 anos, para dar a coñecer a endometriose e, na medida do posible, colaborar no diagnóstico desta doenza, tal e como se acordou.