Fin de semana decisiva para a permanencia do Triatlón Ferrol masculino en Segunda

Iván Puentes pedindo relevo na proba da tempada pasada | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol xógase gran parte da permanencia la Liga de Dúatlon de Segunda División esta fin de semana en Avilés ao disputar os campionatos de España contra o reloxo por equipos e de relevos.

Iván Puentes, Marcos Ruiz e Juan Rejas, da Escola Javi Gómez Noya, estarán acompañados no equipo elite por David Arias, Juanchi González e Chespi Pena, reforzos con potencia para tirar en bici. Será só na última carreira a pé, despois do ciclismo, cando o equipo pense en deixar descolgado algún compañeiro para non frear os catro mellores, dado que é o cuarto duatleta quen marca o tempo final do equipo.

Deste sexteto sairán os tres homes que conformen o relevo do Triatlón Ferrol.

Despois destas dúas xornadas, a Liga pecharase en Soria co campionato de España de dúatlon. Actualmente o club departamental está fóra dos postos de descenso aínda que só por un punto de marxe.

Escolares e popular

A Escola Javi Gómez Noya participará nos campionatos de España escolares cun equipo masculino e outro feminino e, ademais, o club contará con dúas formacións nas probas open absolutas.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …