As xuntanzas veciñais “Xuntos/as decidimos! Somos barrios e parroquias” impulsadas polo equipo de Terra Galega, séguense a celebrar por todo Narón, e moitos son os que se achegan ás xuntanzas para coñecer de primeira man que se fixo e que se está facer para mellorar a súa calidade de vida, segundo informa nun comunicado TEGA.
Este martes pola tarde, ás 20.30 horas, no local social da SCR A Pombiña (Pedroso). A candidata de TEGA á Alcaldía de Narón e actual alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse ata a parroquia, nunha tarde, na que «estivo conversando coa veciñanza e explicando importantes avances que se fixeron na parroquia de Pedroso coma son o gran investimento en obras de saneamento, xa executadas ou en proceso, por valor de 676.000€. Outra das importantes innovacións coas que conta a parroquia é o Centro de Dinamización de Pedroso, no que se inverteu 370.000 €, tamén destaca a mellora da eficiencia enerxética, á que se van destinar 64.000€, entre a mellora do cableado (que xa é una realidade) e a incorporación de puntos leds. Ademais, en torno a 285.000 euros terán sido investidos a melloras de pistas antes do remate do mandato».
As reunións programadas desde Terra Galega para esta semana continuaron, este mércores, no local social de San Mateo, tamén ás 20.30 horas. Durante esta semana, xa o venres, ás 20.30 horas, estarán no local social de Piñeiros, tal e como avanzou Marián, a actual alcaldesa da cidade, quen valora e considera