Alumnos de educación infantil do CPR Santiago Apóstol visitaron a Casa do Concello de Narón

Unha vintena de escolares de educación Infantil do CPR Santiago Apóstol visitaron a Casa do Concello de Narón. Os nenos e nenas realizaron un pequeno percorrido polo edificio para coñecer parte das dependencias municipais para, a continuación, visionar o vídeo Nara de Narón e, unha vez rematada a proxección, reunirse coa alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, no salón de plenos.

Os menores interesáronse polo traballo que realiza Ferreiro á fronte do Concello e tamén por futuros proxectos para os nenos e nenas que se levarán a cabo na cidade, sobre os que a alcaldesa lles avanzou algunha proposta.

Antes de dar por rematada a visita os escolares recibiron un agasallo en recordo da súa visita ao Consistorio.

Lea también

La provincia de A Coruña, donde más crece la cibercriminalidad: en Narón aumenta un 47,9% en 2025

La cibercriminalidad continúa creciendo en Galicia y aumenta, sobre todo, en la provincia de A …