No día de onte, mércores, na Casa do Pobo da Agrupación Socialista de Ferrol tivo lugar unha reunión de constitución do Comité Electoral para as eleccións xerais do 2019 na que estivo presente Julio Barros candidato a Senador. Na xuntanza foise sinalando un calendario que busca ter contacto con todos os colectivos desta cidade.
A ssecretaria xeral, Beatriz Sestayo Doce destacou a política desenvolvida nestes últimos 9 meses «cun Goberno socialista caracterizado por ser solidario, feminista, socialmente xusto, ecoloxista, un goberno socialista para todas e todos, motivo polo cal chama ao voto para encher as urnas de voto socialistas, que fagan fronte aos partidos involucionistas, mensaxeiros de odio que pretenden o regreso a tempos pasados e escuros que todas e todos queremos esquecer«.
Julio Barros remarcou “imos a loitar con todo o noso esforzo para conseguir os mellores resultados nestas eleccións, para alcanzar un futuro moito mais prometedor. Especialmente imos loitar por Ferrol, a comarca e a provincia. Poñeremos todo o noso empeño para acadar os mellores resultados, mirar cara diante, deixar atrás a España en branco e negro, e conseguir un futuro mellor para todas e todos.”