A rotonda de Freixeiro iluminarase de cor verde con motivo do Día Mundial contra o Cancro

A rotonda de Freixeiro iluminarase de cor verde na madrugada deste luns, día, 4 ao 5  con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que se conmemora cada 4 de febreiro. A propia Asociación Española Contra o Cantro –a súa delegación ferrolá- elixiu a ubicación a iluminar con motivo desa data, de entre varias opcións que se lle ofreceron desde o goberno local.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asegurou que “co alumeado desta glorieta, unha das máis céntricas e transitadas da cidade, amosamos a nosa total colaboración con esta asociación, que traballa arreo para concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade e tamén en materia de prevención”.

A rexedora local recordou que o Concello de Narón dispón dun convenio anual coa Asociación Española Contra o Cancro en base ao que se realizan varias actividades, entre elas un obradoiro de piscina dirixido a mulleres diagnosticadas de cancro de mama e outro de fatiga oncolóxica para todos os afectados de cancro e co fin de potenciar o exercicio físico durante e despois dos tratamentos desta enfermidade.
A través do Programa de atención integral ao enfermo de cancro da AECC ofrécense este tipo de obradoiros ás persoas afectadas por esta enfermidade”, recalcou Ferreiro.

A alcaldesa asegurou que “o Concello de Narón colabora habitualmente tanto con esta entidade como con outras da área sanitaria, e así o continuará facendo co fin de sumar esforzos e contribuír na medida do posible a impulsar programas específicos que melloren a calidade de vida das persoas con cancro e tamén a concienciar e sensibilizar á cidadanía”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …