O Esteo segue sumando de tres en tres

Álex Durán ante o Puertas Deyma | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala venceu na tarde deste sábado 6-1 ó ascendido Puertas Deyma. O conxunto castelán leonés prantou cara durante todo o encontro pese a empregar un só recambio, e pese a que Cokito, que picou o balón ante a saída do porteiro, marcou nada máis comezar (1´), non foi case ata o descanso, que nun bo roubo de balón, tamén de Cokito, este sirve a Pana para que o de Pontedeume metendo a punteira faga o segundo (19´).

Nestes primeiros vinte minutos resaltar un tiro ó pau de Alex Durán e algunha parada de Javichu. No segundo período, un máis fresco equipo pontés comezou a poñer terra de por medio e aparecendo desmarcado por banda dereita marcou Troncho de tiro cruzado (26´), e pouco despois, noutra boa combinación pontesa, Dani lle servía o balón a Bruno que marcaba dentro da área (29´).

Recurtaban distancias os visitantes tras unha desafortunada xogada na que Alex Durán desviaba o balón cara a súa portería (32´), pero o mesmo xogador facía o quinto dun forte disparo dende fóra da área (35´) e despois era Ayala quen recibía un pase de Pana, recurtaba ó defensa, e marcaba de tiro cruzado (36´). O Esteo é cuarto con 29 puntos antes de visitar ó Xove, noveno con 25.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Ayala – cinco inicial – Pana, Bruno, Troncho, Jacobo, Dani.

PUERTAS DEYMA FS: Diego, Alejo, Germán, Ángel, Alex – cinco inicial – Rubén.

GOLES: 1-0, Cokito (1´), 2-0, Pana (19´). 3-0, Troncho (26´), 4-0, Bruno (29´), 4-1, Alex, pp (32´), 5-1, Alex (35´), 6-1, Ayala (36´).

ÁRBITROS: Vieito Rodríguez, Corral Martínez, Prados Caamaño (A Mariña-Lugo-Ferrol). Amarelas a Cokito e Germán.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Uns 100 espectadores.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …