André Abeledo será o candidato á alcaldía por «Narón por diante»

O actual Concelleiro de EU Narón, André Abeledo, foi escollido por unanimidade como candidato a Alcaldía pola asemblea de “Narón Por Diante”, un espazo de confluencia onde se atopan EU Narón, ANOVA, e xente de esquerdas a nivel individual para traballar por Narón.

Abeledo sinalou que “Narón Por Diante” é un espazo de confluencia que vai a permitir que nas próximas eleccións municipais a esquerda naronesa poida presentarse cunha candidatura aberta e de unidade que defenda os intereses e os dereitos das traballadoras e traballadores, das veciñas e veciños de Narón.

 Explicou que «as portas continúan abertas para as organizacións de esquerdas e veciñas e veciños que queiran participar no proxecto. A nosa intención é crear un espazo de unidade capaz de xerar ilusión, de traballar por Narón, de construír unha cidade máis humana e un Concello transparente, cercano, e achegado a cidadanía que permita a Narón medrar e mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. Apostamos por facer o esforzo de construír unidade popular, unha unidade baseada nun programa e nun proxecto de cidade.»

 

 

 

O esforzo para recuperar e Municipalizar servizos básicos, a implementación de políticas sociais, a humanización da nosa cidade, políticas para fomentar a creación de postos de traballo en condicións dignas, deben ser o eixo dunha aposta decidida e valente polo futuro de Narón e a súa veciñanza.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …