A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o programa «Nadal en Narón»

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou na mañá deste luns o programa, «Nadal en Narón«, acompañada das edís de Festas, Mar Gómez; Cultura, María del Carmen Espada; Acción Social, Catalina García e Promoción Social, Teresa Sabio. As diferentes propostas para os vindeiros días de decembro e comezos de xaneiro do vindeiro ano sucederanse en diferentes ubicacións do concello. A rexedora local animou á veciñanza a “asistir ás diferentes convocatorias, desfrutando da gran variedade das mesmas xunto cos seus familiares e amizades nestas festas do Nadal, para as que apostamos por unha programación moi variada, con moitas propostas de balde para xente de tódalas idades, e con algunhas novidades como o Mercado de Nadal na Praza de Galicia”.

O vindeiro venres, día 21, e ata o próximo 4 de xaneiro, terá lugar o Mercado de Nadal na Praza de Galicia, unha das novidades deste ano, tal e como destacou Ferreiro. Este proxecto aposta por motivar as vendas do comercio local, polo que se habilitarán un total de sete casetas para comerciantes e artesáns da cidade que poderán vender a súa mercadoría. O Mercado de Nadal contará ademáis cun fermoso xardín efémero deseñado para esta ocasión polo prestixioso arquitecto paisaxista Martín Toimil xunto con un equipo de profesionais do seu estudo. O Mercado de Nadal e o xardín efémero –que poderán visitarse de 16.30 a 21.30 horas- compartirán protagonismo con multitude de espectáculos para público adulto e infantil con entrada de balde. “A viaxe da palabora que non era valente”, de Silvia Penide será o primeiro dos que terán lugar na Praza de Galicia, o día 21 e con inicio ás 18.00 horas, se ben o sábado 22 será o turno de “As parábolas de Pakolas”, de Pakolas –ás 18.00- e o concerto de adultos “Mad Martin Trío” –ás 20.00-; e o domingo 23 outro infantil “Fantasía coas palabras” –ás 18.00-.

O programa do venres 21 inclúe un espectáculo de música góspel no Pazo da Cultura, ás 20.30 horas: Connecting Soul, de Chicago Mass Choir, con entradas á venda na billeteira do Pazo o una web www.padroadodecultura.es.

A actividade do Nadal continuará o sábado 22, cunha nova edición do programa municipal Prazas Vivas, nesta ocasión de 16.30 a 18.30 o pavillón de Sedes, donde as persoas que desexen acudir poderán realizar varios obradoiros e xogar, así como avanzar nos traballos das carrozas que desfilarán na Cabalgata Solidaria do 5 de xaneiro.

Será tamén o sábado 22 a celebración da décima edición da Xornada Moteira Solidaria, organizada polo Moto Club Fojeteiros, en colaboración co Concello e co Centro de Recursos Solidarios de Narón. Saírá ás 16.30 da Praza de Galicia, donde os nenos e nenas poderán reunirse con Papá Noel ás 17.30, tralo percorrido que as motos realizarán pola estrada de Castela. Recolleranse alimentos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón e tapóns de plástico para a causa “Alba, la promesa”.

O teatro e a música completarán as propostas do 22 de decembro, coa obra Ron Lalá”, no Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas e o festival Rock Narón, desde as 21.00 horas na Praza de Galicia (con entrada de balde) e no que acturarán Barón Rojo, Sintrom ni Son, On Fire, The Nineties Rock The Machine e un DJ.

O domingo día 23 continuará o Mercado de Nadal, co Mercadiño de Nadal e o concerto infantilFantasía coas palabras”, ás 18.00 horas e con entrada de balde.

Así mesmo, este ano volverá a percorrer un tramo da estrada de Castela o Navitrén, concretamente entre os días 26 e 29 de decembro, con saídas do Concello ata a igrexa de Santa Rita, en Xuvia, e ata Freixeiro, dando a volta na Ponte das Cabras. O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón coorganizan estas viaxes, que estarán operativas de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. As persoas poderán viaxar cos convites que lles entregarán polas súas compras nos comercios adheridos á campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre, ou pagando un euro (no momento da saída no propio Navitren).

Un concerto de Aldoalado o día 26 de decembro ás 20.30 horas no Pazo, a Festa de Fin de Ano do día 31 de deste mes, a partir das 1.00 horas, que se iniciará cunha sesión de fogos de artificio e na que atuarán a orquestra Cinema e varios DJs completarán o programa, que rematará o día 5 de xaneiro coa Cabalgata Solidaria, que sairá ás 16.00 horas da explanada localizada fronte á empresa Megasa –xunto á estrada de Castela- e coa recepción aos Reis Magos (Melchor, Gaspar e Baltasar) e o Rei da Solidariedade (Artabán) na Praza de Galicia.

A programación deseñada polo Concello inclúe ademáis outras propostas dirixidas aos nenos e nenas da cidade, como o programa Informática Divertida (INDI) –do 24 de decembro ao 4 de xaneiro- na Aula Cemit de Xuvia e en locais da zona rural; o ConciliaEscola Nadal –o 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro- na Escola de Domirón; o Campamento Municipal Narón Mocidade Activa -22, 26, 27 e 28 de decembro-; DeporNadal –do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro –en instalacións deportivas municipais, o Club de Golf Campomar e o local social do Alto-, organizado en colaboración con entidades deportivas da cidade; e Os contos do Apalpador, na Ludoteca municipal da Solaina o 18 de decembro e na Biblioteca municipal o día 22.

 

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …