O Concello de Narón amplía a oferta de lecer e deporte en Xuvia cunha tirolina e a próxima construción dunha pista multideporte

O goberno local de Narón continúa ampliando a oferta deportiva e de ocio na cidade. Desde hai uns días xa se pode utilizar a nova tirolina instalada no paseo marítimo de Xuvia, nas inmediacións do parque infantil, e así o constataron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Servizos, Ibán Santalla, e Obras, Pablo Mauriz, que se desprazaron hai uns días ata a zona. A tirolina supuxo ás arcas locais un investimento de 12.000 euros e ten unha lonxitude de vinte metros, tal e como apuntou a rexedora local, que incidiu en que “reforzará o variado equipamento co que conta na actualidade o paseo marítimo de Xuvia, con elementos para o lecer e práctica de deporte dirxidos a persoas de tódalas idades, o que o convirte nun parque multiactividades nesta ampla zona verde da cidade”.

O edil de Servizos explicou que a tirolina “ten unha lonxitude de vinte metros e está pensada para que a utilicen nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, sendo estas as idades para as que está deseñada o modelo instalado”.

Pista multideporte

A maiores da nova tirolina, o paseo de Xuvia contará o vindeiro ano cunha pista multideporte, instalacións coas que xa contan na actualidade os barrios do Alto e A Gándara, nas que o Concello investiu unha partida conxunta de 60.000 euros. Ferreiro avanzou que as instalacións, cuxa construción se licitará en breve, “contan cun orzamento de case 42.000 euros e permitirán completar a oferta de áreas deportivas da nosa cidade, concretamente na zona de Xuvia, donde tamén hai un Circuíto Vita, e un parque biosaudable, ademáis dunha zona de xogo infantil”.

A cancha multideporte de Xuvia terá unhas dimensións de 20×10 metros, dúas porterías grandes e catro de menor tamaño, canastas e dous postes centrais para colocar unha rede para a práctica de determinados deportes, tal e como explicou Santalla. Neste tipo de instalacións, apuntou o concelleiro naronés, poden practicarse ata oito modalidades deportivas diferentes ao aire libre.

Cun investimento de 54.000 euros no paseo de Xuvia completamos a oferta de lecer neste barrio da cidade, no que as veciñas e veciños poden xa utilizar a tirolina e, nos vindeiros meses, estrear a nova cancha multideporte”, subliñou Marián Ferreiro.

 

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …

Un comentario

  1. Una inversión sin parangón. Que se quite el edificio del ayuntamiento que hizo Gato, la biblioteca, el pazo, los pabellones….. todo fuera. Aquí llega la tirolina de Marián!!!