O BNG de Narón esixe medidas concretas nos orzamentos da Xunta que garantan o benestar da veciñanza naronesa.

Olaia Ledo

«O BNG de Narón traballou para incluír enmendas parciais aos orzamentos da Xunta que incluíran necesidades da nosa cidade e que o grupo parlamentar do bng xa presentou e insta ao goberno da Xunta de Galicia a telos en conta xa que son imprescindibles para Narón: mellora estrutural nos centros de ensino, dotación de radioloxía no novo centro de saúde, transferencia das garderías municipais á Xunta, unha residencia de maiores pública na cidade e obras de mellora nos viais e tamén de abastacemento e sanemento no rural» sinala o BNG-Narón nun comunicado.

Olaia Ledo, candidata do bng de Narón ás municipais 2019, manifesta que “os centros de ensino da localidade precisan inversión e adaptación para seren inclusivos por iso é preciso non demorar máis nuns orzamentos da Xunta ese investimento ou que inclúan para o novo centro de saúde que levamos anos de espera a dotación de radioloxía para non termos un novo centro de saúde pero baleiro” ademais engade “Unha cidade de 40.000 habitantes ten que ter unha residencia de maiores pública e inclusiva ou ter partidas que garantan obras de abastecimento e saneamento no rural de Narón. Non estamos a pedir nada que non nos corresponda se non que o facemos pensando no benestar de todos e todas”.

 Por iso desde o BNG da localidade esíxese que se cumpra e aplique estas enmendas froito do traballo riguroso e atendendo as necesidades da localidade. 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …