O Concello de Ferrol abre o prazo para anotarse a excursión a Mondoñedo-As San Lucas

O Concello de Ferrol, co gallo da festividade de As San Lucas de Mondoñedo, e como xa é tradición entre dúas vilas irmáns, organiza unha viaxe para maiores de 60 años o día 18 de outubro a vila mindoniense coincidindo coa celebración de unhas das feiras mais antigas de Galicia.

A ultima hora da mañá do xoves 4, o Concello de Ferrol recibiu o convite formal da corporación de Mondoñedo para o xoves 18, cun programa de actos que inclúe recepción institucional, acto de irmanamento e entrega de premios do concurso de gando no Campo dos Paxariños, no que participarán os concelleiros e concelleiras da corporación municipal de Ferrol.

Para favorecer a asistencia dos maiores a esta festividade, hoxe formalizaron a contratación de dous autobuses con 108 prazas en total para a viaxe.

Destinatarios/as:

– Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en Ferrol (se é unha parella terán que estar ambos empadroados/as en Ferrol)
– Maior de 60 anos
– A inscripción farase por rigorosa orde de chegada e será individual agás os matrimonios ou parellas de feito en que poderá facela un dos membros da parella co DNI do outro.

A inscrición será do luns 8 ao xoves 11, de 10 a 14:00 horas, na Oficina de Atención a Cidadanía, na planta baixa do Concello de Ferrol, e a adxudicación de prazas farase por rigoroso orde de chegada.

O custe da viaxe, tal e como se fixo no San Froilán, será de 5 euros por persoa e inclúe o xantar.

Para asistir a festividade do San Froilán, este sábado 6 no Concello de Lugo, o Concello de Ferrol habilitou catro buses grandes e un microbús para dar cobertura a todos os demandantes. En total, 231 persoas.

Lea también

El TSXG ratifica el despido disciplinario de una empleada por uso del móvil personal en el trabajo

La Sala de lo Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha emitido …

Un comentario

  1. Qué intereses tendrá el Concello de Ferrol o sus empleados, en adjudicar siempre a la misma agencia de viajes todas sus actividades y eventos, sin pedir diferentes presupuestos ?