Catro homes do Triatlón Ferrol, a polo reto do campionato galego de media distancia

Edu Saavedra nunha proba – Triatlón Ferrol

Edu Saavedra, Luis Rilo, Juan Díaz e Héctor Mera serán os deportistas do Triatlón Ferrol que disputen este domingo o campionato galego de media distancia que se celebrará no Desafío Santander Islas Cíes.

Na categoría de maior nivel, medíndose aos mellores da modalidade, estará Edu Saavedra. Pola súa parte, Rilo, Díaz e Mera competirán contra os triatletas dos seus respectivos grupos de idade. E todos, contra si mesmos, pola distancia e as máis de catro horas de proba.

O Desafío Pastor Islas Cíes dará comezo o domingo desde as 8:15 horas nun percorrido de 1.900 metros de natación, 90 km de ciclismo e unha media maratón para rematar.

Ácuatlon de menores

Na previa do gran evento de media distancia, en Vigo celebrarase un ácuatlon para nenos e a Escola Javi Gómez Noya contará coa benxamín Lucía Villarnovo, a alevín Lucía Piñón e os infantís Sabela Caneiro e Diego Carballeira.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …