O Concello de Narón executará melloras na rede de saneamento e abastecemento, iluminación e de accesibilidade no Alto

O Concello de Narón destina unha partida de 265.000 euros a realizar varias melloras en servizos de abastecemento, saneamento, alumeado e de accesibilidade na zona do Alto do Castiñeiro, na contorna do Camiño do Pino. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que entre finais deste mes e principios do próximo “darán comezo os traballos de renovación da rede de abastecemento e saneamento na rúa Chantado”, unha actuación, explicou, “orzamentada en 148.000 euros e que inclúe a reposición de berirarrúas para mellorar a accesibilidade”.

“As actuacións relativas á ampliación da rede de auga e alcantarillado son unha das prioridades do goberno local en materia de investimentos”, subliñou a rexedora local. “Mostra da aposta por este tipo de actuacións son os dous millóns de euros que destinamos este ano a este tipo de servizos desde a administración local, con obras tanto na zona urbana como na rural”, recalcou.

«Os traballos da rúa Chantado inclúen ademais a reposición de beirarrúas, que pasarán a ter un ancho de dous metros co fin de mellorar a accesibilidade no mesmo tramo, o comprendido entre a rúa 25 de Xullo e a avenida Souto Vizoso», apuntou Ferreiro.

Na zona do Alto

As actuacións que de xeito máis inmediato se realizarán tamén este ano na zona do Alto tamén suporán melloras enerxéticas, concretamente na área comprendida entre a rúa Bergantiños e a avenida Souto Vizoso. “Nas rúas perpendiculares instalaremos alumeado led, cun cambio de luminarias e traballos nos cadros eléctricos que nos permitirán continuar aforrando na factura da luz do Concello e, ao tempo, contribuír a reducir a contaminación”, asegurou. A alcaldesa avanzou que, “según as actuais previsións, cos traballos previstos para reducir o consumo e coa baixada da potencia contratada poderemos aforrar un 79% nesta zona cun investimento duns 90.000 euros”.

«A terceira das obras proxectadas na zona do Alto ten como obxectivo a mellora da accesibilidade, concretamente na rúa Segura Torrella. Na actualidade está en proceso de licitación unha actuación orzamentada en 27.000 euros para ampliar a beirarrúa nunha das marxes da estrada, a instalación de recollida de pluviais e o aglomerado do vial”, explicou Ferreiro.

Coa contratación e posterior execución dos traballos previstos na zona do Alto desde o goberno local continuaremos implantando e mellorando os servizos á veciñanza na zona urbana e rural do municipio, mantendo a prioridade sobre este tipo de actuacións”, destacou a alcaldesa.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. A rede de alcantarillado está feita un desastre na zoa de Rúa Luis de Góngora 27. Moito cortala herba do parque., e mirar polos cans, pero os veciños levamos 5 innundacions, no que vai de ano. Ademáis as aceras están afundidas. Unha vergoña